martes, 26 de mayo de 2015

Probas de Avaliación de 3º de Primaria

Ante a inminencia da celebración das probas de Avaliación de 3º de Educación Primaria tanto a nosa escola como o ANPA da mesma teñen realizado unha serie de reunións informativas dirixidas aos pais, primeiro dos nenos de 3º e logo para os pais de toda a escola.
 
Non entanto, na última Asamblea do ANPA acordouse co apoio da maioría dos asistentes que o ANPA do Colexio Martín Codax como asociación presentase ante a  Consellería de Educación un escrito no que, despois de coñecer o contido do artigo 20 da Lei Orgánica de Educación que obriga aos centros docentes a realizar unha avaliación individualizada a todos os alumnos e alumnas ao finalizar o terceiro curso de Educación Primaria, manifesta a súa total disconformidade con dita proba. Xunto co escrito, ademais, entregaráranse as sinaturas dos paíi/nais do Colexio Martín Codax que así o desexen, e que recolleremos na porta da escola esta semana.
 
Unha aperta
 

sábado, 14 de diciembre de 2013

Charla sobre Consumismo * 18 decembro, 2013


                                      
                              mécores 18 de decembro
                          ximnasio dos maiores   8.30PM
 CHARLA sobre o CONSUMISMO
                                      dirixida pola psicóloga Eugenia C.Carregal


   “Todos os meus amigos o teñen e eu non”          
                                                                 ¿Que necesita o meu fillo?   
Necesito vs quero   
                                        Compartir no Nadal e sempre


Unha conversa interesante e moi axeitada para estas datas nas que nenos e non tan nenos queremos ter máis e máis.
                                                       http://eccpsicoterapeuta.com  
                                                http://ampamartincodax.blogspot.com.es



A presentación sobre o comsumismo foi moi práctica e interesante, a psicóloga invitada, Eugenia C. Carregal, describiunos unha sociadade na que nós temos que tomar a decisión de mercar o que necesitemos e non o que nos intenten vender. Os pais deberíamos ser o exemplo que sigan os nenos e ter un patrón de consumo responsable.
Adicamos un tempo a falar sobre a diferencia entre querer e necesitar.
Falamos da necesidade de dicir "non", do importante e difícil que é ás veces poñer límites ós nenos e non darlles cousas que lles podemos dar se non as necesitan.
A conversa foi moi agradable e incluso unha nai compartiu un poema e moitos compartimos experiencias personais. A psicóloga ofreceunos varias estratexias para que poñamos en práctica nas nosas familias.
Moitas grazas a tódolos asistentes e xa estamos organizando a seguinte charla, estade atentos ao blog, onde vos iremos informando de diversas actividades organizadas pola vosa ANPA.




lunes, 28 de octubre de 2013

CUOTA AMPA

Nun días pasaremosvos o a carta para a domiciliar o recibo da ANPA. O importe vai ser 20 euros anuais por familia. Ademais se queredes recibir información sobre as nosas actividades non dubidedes en mandarnos un mail ao ampamartincodax@gmail.com ou escribir o voso mail ao final do blog e despois clicar no submit.
Un saúdo
Os membros do ANPA
 
Para descargar unha copia do documento clica aqui
 E se tes problemas non dubides en porte en contacto conosco.

miércoles, 23 de octubre de 2013

Xornada de Folga 24 de Outubro 2013


Ante a próxima xornada de reivindicación gustaríanos volver a deixarvos uns cadros comparativos entre a actual lei de educación (LOE) e a nova (LOMCE ou Lei Wert) a fin de que poidades ver os cambios que se aproximan.

lunes, 14 de octubre de 2013

Nova reunión

O curso xa comezou e as nosas xuntanzas volven tamén. A seguinte reunión terá lugar o venres 18 de outubro na Cafetería do Colexio as 20.00 (1º convocatoria) ou as 20.30 (2º convocatoria) coa seguinte orde do día:

-       Lectura do acta anterior: melloras conseguidas.
-       Presentación das actividades para potencialo inglés: teatro.
-       Comité de seguridade:
o   paso de peóns e dirección única no Camiño das Patas.
o   cintos nos buses.
-       Propostas de charlas para organizar neste trimestre: escoller tres.
-       Aprobación da cota de participación no ANPA e domiciliación
-       Banco de Libros: recollida/préstamos.
-       Outras inquedanzas ou suxestións.

Estades tod@s convidados á reunión pois con cantas máis propostas e opinións contemos mellor será o resultado. E ademais quedan cursos sen vocal e é importante que conte alomenos con un…                     

ANIMÁDEVOS!!!

ESPERÁMOSVOS ESTE VENRES DIA 18 DE OUTUBRO NA ESCOLA!!!

lunes, 9 de septiembre de 2013

Benvidos ao curso 2013-2014



 
Comezamos un novo curso académico e gustaríanos contar coa vosa colaboración nas actividades da ANPA. A próxima reunión aberta a todos/as vai ser o Venres 27 de setembro ás 20.00 horas no Ximnasio do Colexio dos Maiores.
Un saúdo e Feliz Curso 2013-2014
 


martes, 2 de julio de 2013

Próxima Reunión

Estades todos convidados á próxima reunión do ANPA que terá lugar o xoves día 4 de xullo do 2013 ás 20.00 no Colexio dos Maiores.